ENTREGA DE DIPLOMAS
Estimadas amigas e amigos, o vindeiro martes 23 de outubro ás 11:00 h terá lugar na Aula Multimedia do Concello de Abegondo a clausura do curso coa Entrega de Diplomas do Programa Integrado para o Emprego AGRO-EMPREGA.
Ao mesmo tempo, como apoio á orientación laboral, completarase a xornada coas seguintes actividades:
  • Entrega de material informativo vinculado ao empredemento.
  • Charla informativa sobre cooperativismo a cargo de representantes das cooperativas Melisanto e O Val de Narón.
 Podedes descargar o Programa premendo no vínculo: PROGRAMA ENTREGA DIPLOMAS


Esperamos a vosa asistencia.



Módulo de Prácticas Non Profesionais

Durante os meses de abril, maio e xuño de 2012 desenvolverase o terceiro e último dos Módulos de Formación do Programa Agro-emprega, aquel correspondente a prácticas non profesionais.
Dito Módulo, que ven a complementar a formación teórica e práctica xa impartida, é froito da colaboración cunhas 30 entidades do territorio de diversos ámbitos profesionais (concellos, explotacións hortícolas, de flor ou froiteiras, produción ornamental, lúpulo ou empresas de xardinería).

Baixo a supervisión e seguimento do Equipo Técnico da Asociación Mariñas-Betanzos, aqueles alumnos que accederon a acollerse a esta fase do proxecto (máis da metade do total dos 100 inscritos) terán a oportunidade de levar a cabo o conxunto de labores inherentes á actividade da empresa asignada, mellorando así a súa formación e, ao mesmo tempo, vendo apoiadas ás súas alternativas de inserción laboral.











Xornada Técnica "Horticultura e Variedades Locais"

O próximo xoves 12 de abril, terá lugar no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), unha Xornada Técnica sobre Horticultura e Variedades Locais.

Esta xornada está organizada polo CIAM e parte da colaboración mantida cos Grupos de Desenvolvemento Rural que participan no proyecto de cooperación "Nuevos Horizontes".


A continuación detállase o programa previsto:

10:00 h Inauguración
  • D. Juan Castro Insua. Director do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo.
  • D. Tomás Fernández-Couto Juanas. Secretario Xeral de Medio Rural e Montes. Consellería do Medio Rural e do Mar.
  • D. José A. Santiso Miramontes. Presidente do Grupo de Desenvolvemento Rural "Mariñas-Betanzos".
10:15 h O Proxecto de Cooperación "Nuevos Horizontes": Actuacións e retos para os anos 2012-2013
  • D. Jorge Blanco Ballón. Xerente do Grupo de Desenvolvemento Rural "Mariñas-Betanzos".
10:30 h Variedades Hortícolas Locais: Conservación e Producións de Interese
Modera: D. Alberto Martínez Pose. Xerente do GDR "Comarca de Bergantiños"
  • "Protocolo para a cesión de material fitoxenético ao banco de xermoplasma do CIAM e caracterización de variedades locais de cebola e tomate". D. Antonio Rivera Martínez. Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo.
  • "Caracterización de variedades locais de repolo (Repolo de Betanzos). D. Alfredo Taboada AriasCentro de Investigacións Agrarias de Mabegondo.
  • "Selección e caracterización de variedades locais de pementos". D. José Manuel Rodríguez Bao. Estación Experimental Baixo Miño.
  • "O Rexistro das variedades de conservación: retos para as variedades locais". D. Rafael Casado Contreras. Servizo de Sanidade e Produción Vexetal da Consellería do Medio Rural e do Mar.
12:00 h Pausa - Café
12:30 h Variedades Hortícolas Locais: Conservación e Producións de Interese
Modera: D. José Antonio Vila García. Xerente do GDR "Costa da Morte"
  • "Indicacións para o cultivo da cebola e repolo". D. José Antonio Pose (Casa Bustelo); María Canle Filgueira (Enxeñeira Agrónoma. Cultiagro) e representante S.A.T. Labregos de Lugo.
  • "Indicacións para o cultivo de pemento e tomate". D. Juan Antonio Vázquez e D. Antón Vázquez(produtores hortícolas).
13:45 h Visita ás Instalacións e Finca do CIAM
14:50 h Clausura das Xornadas

Xuntanza coas empresas agrarias do territorio

Dentro do programa formativo do Proxecto AGRO-EMPREGA contémplase un bloque destinado á realización de prácticas non profesionais en empresas agrarias do territorio. Baixo dita premisa, vense de celebrar unha Xornada informativa na Casa do Concello de Abegondo o pasado martes 27 de marzo. Á xuntanza, previa notificación telefónica e postal,  acudiron responsables de explotacións hortícolas e outras empresas agrarias da contorna aos que se lles deu conta dos traballos desenvolvidos ata o momento no Programa, convidándoos ademáis a participar nesta nova fase que se levará a termo entres os meses de abril e setembro.



Os principais obxectivos deste bloque de prácticas son os seguintes:
  • Para os alumnos:
    • Complementar a formación teórico/práctica impartida: ampliación dos seus coñecementos a través do contacto directo con produtores profesionais de ampla experiencia.
    • Coñecer o ciclo produtivo completo dunha explotación: produción + manexo + comercialización.
    • Ampliación dos horizontes na procura de emprego e posibilidades de inserción laboral.
  • Para as empresas:
    • Integrarse e parcitipar de xeito activo nas iniciativas de desenvolvemento rural do seu territorio.
    • Posibilitar o contacto con potencial de man de obra formada para as súas explotacións.
    • Incrementar a posibilidade de establecemento de sinerxías dentro da súa actividade produtiva e comercial.
Por último, cómpre comunicar a todos aqueles titulares de explotacións da comarca que desexen solicitar alumnos do Programa que aínda poden facelo. O desenvolvemento das prácticas (cun total de 100 h) non ten ningún tipo de custe para as empresas. Os interesados deben poñerse en contacto co Equipo Técnico do Programa no teléfono 981 669 541, na dirección electrónica info@marinasbetanzos.org ou ben directamente nas oficinas do GDR Mariñas-Betanzos.

Xornada de Froiticultura Atlántica

O martes 28 de marzo de 2012 celebrarase na Casa da Cultura do Concello de San Sadurniño a III XORNADA DE FROITUCULTURA ATLÁNTICA, enmarcada no Proxecto de Cooperación Interterritorial "NUEVOS HORIZONTES" e na que se desenvolverán diversos aspectos de interese relacionados coa produción froiteira e as variedades autóctonas.


¡Estades todos convidados!

NOTA: é necesario inscribirse: 
GDR EUROEUME - www.euroeume.org
Tlf.: 981 440 668
info@euroeume.org

Preme no vínculo para descargar o programa da Xornada:

Xornada no CIAM

Ao longo da mañá do 07/03/2012 os alumnos inscritos no programa tiveron a ocasión de disfrutar dunha xornada de formación nas instalacións do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), adscrito ao Instituto Galego da Calidade Alimentaria (INGACAL) da Consellería do Medio Rural e do Mar.


O programa da xornada estivo estruturado arredor das seguintes materias:
  • Historia e principais actividades desenvolvidas polo CIAM.
  • Charla explicativa do Banco de Terras de Galicia.
  • Funcionamento do Bancos de Xermoplasma de hortícolas, cereais e froiteiras.
  • Visita ás parcelas de cultivo de:
    • Produción hortícola (invernadoiros de produción e semilleiros)
    • Banco de xermoplasma de maceiras.
    • Lúpulo.



Para saber máis:

http://www.ciam.es/
http://www.bantegal.com/

Visitas de Formación

Dentro do programa do proxecto AGRO-EMPREGA está contemplado a realización de visitas formativas a explotacións hortícolas. Nestas xornadas preténdense abordar diversos aspectos do funcionamento deste tipo de empresas, entre os que cómpre destacar, entre outros, os seguintes:

  • Visión persoal sobre o sector do propietario/a da explotación
  • Observación in situ das instalacións e producións
  • Canais comerciais utilizados



A primeira destas actividades, e á que corresponden as imaxes que se xuntan, foi realizada o 08/02/2012, na cal un grupo dos alumnos do curso tivo a ocasión de visitar unha explotación hortícola na parroquia de Santa Marta de Babío, no concello de Bergondo.