Xornada no CIAM

Ao longo da mañá do 07/03/2012 os alumnos inscritos no programa tiveron a ocasión de disfrutar dunha xornada de formación nas instalacións do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), adscrito ao Instituto Galego da Calidade Alimentaria (INGACAL) da Consellería do Medio Rural e do Mar.


O programa da xornada estivo estruturado arredor das seguintes materias:
  • Historia e principais actividades desenvolvidas polo CIAM.
  • Charla explicativa do Banco de Terras de Galicia.
  • Funcionamento do Bancos de Xermoplasma de hortícolas, cereais e froiteiras.
  • Visita ás parcelas de cultivo de:
    • Produción hortícola (invernadoiros de produción e semilleiros)
    • Banco de xermoplasma de maceiras.
    • Lúpulo.



Para saber máis:

http://www.ciam.es/
http://www.bantegal.com/

Visitas de Formación

Dentro do programa do proxecto AGRO-EMPREGA está contemplado a realización de visitas formativas a explotacións hortícolas. Nestas xornadas preténdense abordar diversos aspectos do funcionamento deste tipo de empresas, entre os que cómpre destacar, entre outros, os seguintes:

  • Visión persoal sobre o sector do propietario/a da explotación
  • Observación in situ das instalacións e producións
  • Canais comerciais utilizados



A primeira destas actividades, e á que corresponden as imaxes que se xuntan, foi realizada o 08/02/2012, na cal un grupo dos alumnos do curso tivo a ocasión de visitar unha explotación hortícola na parroquia de Santa Marta de Babío, no concello de Bergondo.

Comezo das prácticas

O martes 17/01/2012 derón comezo as clases prácticas na finca experimental da parroquia de Sta. Mª de Vigo (Cambre). Nestas primeiras xornadas, explicáronse os conceptos básicos para a toma de mostras de solo así como para a determinación in situ da clasificación textural, do contido en materia orgánica e do nivel de acidez do solo.


Ademáis, iniciouse a plantación de sementeiros para a súa posterior utilización productiva tanto baixo cuberta como ao aire libre.

Comezo do Curso

O luns 9 de xaneiro deron comezo as clases teóricas correspondentes a cada un dos grupos do curso. Nestas primeiras xornadas de traballo procedeuse á presentación de profesorado e titor de apoio así como a dar conta das diretrices básicas a seguir polos alumnos. Por outra parte, ademáis de comezar a impartirse os contidos teóricos propios do programa, levouse a cabo unha visita á finca de prácticas.

O proxecto Agro-emprega abrangue a un total de 100 persoas en situación de desemprego repartidos en 3 grupos de formación teórico-práctica a impartir en diferente horario e días da semana coa finalidade da maior adaptación posible ás circunstancias particulares de cada alumno.
A ASOCIACIÓN DE DESENVOLVEMENTO RURAL MARIÑAS-BETANZOS

A Asociación de Desenvolvemento Rural “Mariñas – Betanzos” tense constituido no mes de xullo do ano 2008 como Grupo de de Desenvolvemento Rural coa finalidade de ser núcleo de integración e representación dos diferentes axentes territoriais, institucionais, sociais e económicos tanto públicos como privados, interesados en promover o desenvolvemento do territorio de actuación.

Este programa viría a reforzar o impulso que a Asociación “Mariñas – Betanzos” está desenvolvendo dende o Programa LEADER para apoiar ao sector agrícola e agroindustrial nos nosos concellos. Están en marcha varios proxectos para a mellora da calidade, fomento da innovación, aforro enerxético ou mellora da comercialización, concretándose na elaboración do “Plan Alimentario Mariñas – Betanzos (2011-2014)” que se está a elaborar.


ÁMBITO TERRITORIAL DE ACTUACIÓN


O Programa AGRO-EMPREGA ten como ámbito territorial de actuación os concellos de Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Cesuras, Coirós, Culleredo, Irixoa, Miño, Oleiros, Oza dos Ríos, Paderne e Sada.
MÁIS INFORMACIÓN
GDR MARIÑAS - BETANZOS
www.marinasbetanzos.com
Tlf.: 981 669 541
info@marinasbetanzos.org