Programa Agroemprega

O Programa “Agro–Emprega” está enmarcado nos Programas Integrados para o Emprego dirixidos á inserción laboral das persoas en situación de desemprego. Este Programa está sendo posto en marcha pola Asociación de Desenvolvemento Rural “Mariñas – Betanzos” e cofinanciado pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.

Duración Do Programa

A duración do Programa Agro-Emprega será de 6 meses. Iniciarase no mes de Decembro de 2011 e rematará en Xuño de 2012.

Colectivos Aos Que Vai Dirixido
  • Persoas desempregadas (especialmente, os maiores de 45 anos con baixa cualificación).
  • Xóvenes e mulleres.
  • Persoas desempregadas en risco de exclusión social.
  • Persoas inmigrantes.
  • Persoas con discapacidade.

    Actuacións Do Programa 
     
    • Captación de participantes (desempreados/as).
    • Selección de participantes
    • Informar sobre o Programa aos participantes.
    • Asesoramento sobre a busca de emprego.
    • Formación teórica e práctica na actividade agraria.
    • Apoio na inserción laboral: contacto co empresariado ou autoemprego.

    Qué Se Pretende Con Este Programa?

    O Programa Agro-Emprega pretende baixo un enfoque innovador, dar formación eminentemente práctica a desempregados/as sobre a produción hortícola, con clases teóricas presenciais e on-line entre os meses de decembro e xaneiro, e onde o alumnado non tería retribución económica.

    Nunha 2ª fase trataríase de facilitar que o alumnado se formara con produtores de horta (dende febreiro ata o mes de xuño) que xa están traballando na actualidade nos nosos 16 concellos.

    OBXECTIVO FINAL

    O obxectivo final, sería que as persoas que teñan rematado este curso e vexan a produción agraria como unha oportunidade laboral, puidesen incorporarse ao sector. Trataríamos de buscarlles terras abandonadas ou explotacións nas que non exista relevo xeracional, ou ben mobilizalas dende o Banco de Terras de Galicia, para que estes alumnos puidesen traballalas e poñelas en valor.


    Onde se desenvolverán as accións Do Programa ?

    • Formación teórica: Aula de formación O Laranxo (Abegondo).
    • Formación práctica: Explotacións agrarias do territorio.
    • Prácticas en empresas: Explotacións agrarias das comarcas da Coruña e de Betanzos